Friday 29 de March de 2024

Curso formativo para o correcto uso dos desfibriladores das instalacións deportivas de Ordes


Persoal das instalacións deportivas municipais Iván Raña, así como membros do equipo de hóckey A.C. Órdenes, participaron na xornada formativa sobre desfibriladores. Unha medida impulsada dende a área de Deportes do Concello de Ordes, que recentemente fixo un investimento de máis de 5000 € para a instalación destes dispositivos na piscina Iván Raña, no pavillón Castelao I, ademais de mellorar o do campo de fútbol de Vista Alegre. O dito curso foi impartido na Casa da Cultura por formadores profesionais pertencentes á Cruz Vermella, e tivo unha duración total de 8 horas.
Tal e como se acordara no pleno de febreiro en base a unha moción defendida polo grupo nacionalista o Goberno Local de Ordes pretende extender a súa rede de espazos cardioprotexidos. Con isto increméntase a seguridade ante casos de paradas cardiorespiratorias, que no territorio galego chegan ás 800 ao ano.